sábado, 7 de abril de 2018

Da xestión do Catálogo Español de Especies Invasoras

Esta semana houbo unha grande convulsión no forestal galego e español coa nova de que o Comité Científico do Ministerio de Agricultura, Pesca y Medio Ambiente (MAPAMA) declarara as diferentes especies de eucalipto como invasoras recomendando en consecuencia a súa inclusión no Catálogo Español de Especies Invasoras en resposta a unha petición realizada polo concello de Teo (A Coruña).
O ditame do Comité é de interese pois fai unha ilustrativa reseña do xogo do Goberno do Estado co eucalipto e o catálogo. A secuencia ven sendo a seguinte:
El 18 de septiembre de 2017, D. Rafael Sisto, Alcalde del Ayuntamiento de Teo (A Coruña), presenta un escrito dirigido a la Dirección General de Calidad y Evaluación Ambiental y Medio Natural, solicitando la inclusión de las especies Eucalyptus camaldulensis, E. globulus, E. nitens, y cualquier otra especie del género Eucalyptus en el Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras regulado por el R.D. 630/2013, de 2 de agosto.
Dicha Dirección General de Calidad y Evaluación Ambiental y Medio Natural solicita consulta a los órganos ambientales competentes sobre el posible carácter invasor de las arriba mencionadas especies del género Eucalyptus, así como cualquier otra especie perteneciente a este género y la inclusión de dichas especies en el Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras.”
Aquí un inciso: o Comité aclara o porqué de que estas especies non estean xa incluídas no devandito catálogo:
Las especies Eucalyptus camaldulensis y E. globulus se incluyeron en el Anexo II del R.D. 1628/2011 como especies exóticas con potencial invasor. Posteriormente, en 2012 este Comité Científico (CC 02/2012) recomendó la inclusión de Eucalyptus nitens en el Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras (Real Decreto 1628/2011) debido a su carácter invasor.
En la actualidad, y desde que el R.D. 630/2013 anulase el Anexo II del R.D. 1628/2011, todas las especies de dicho Anexo que no hubieran sido valoradas para su inclusión en el Anexo I del R.D. 1628/2011 quedaron fuera del Catálogo de Especies Exóticas Invasoras. Así pues, Eucalyptus camaldulensis, E. globulus y E. nitens no están actualmente incluidas en el Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras regulado por el R.D. 630/2013.”
Ou sexa, que 1) no 2011 o E. glóbulus e o E. camalduliensis están no Anexo II agardando a confirmar o potencial invasor para entrar no catálogo, 2) no 2012 o Comité pide que o nitens entre no catálogo, 3) no 2013 o goberno elimina o Anexo II “liberando” ó glóbulus e o camaldulienses, e 4) nos 4 anos seguintes non tivo tempo para facer caso ó Comité na súa proposta de intorucir o nitens no Catálogo Español de Especies Invasoras(CEEI).
Convén lembrar que a proposta de incuír o E. nitens no CEEI ven dunha solicitude de avaliación da Dirección General de Sostenibilidad de la Costa y del Mar do proprio MAPAMA, ante a solicirude de Celulosas de Asturias S.A. de facer unha plantación de Eucaliptus nitens en dominio Público Marítimo Terrestre:
En nombre y representación de Celulosas de Asturias S.A., D. César Morante Álvarez, presenta un escrito con fecha 15 de julio de 2011 dirigido a la Dirección General de Sostenibilidad de la Costa y del Mar de la Demarcación de Costas en Asturias, solicitando la concesión de 10.000 m2 de ocupación en Dominio Público Marítimo-Terrestre con la finalidad de ser destinado a un vivero de plantas en la margen derecha de la ría de Navia (Asturias). El plan de plantación en el vivero incluye 4.000.000 de individuos de Eucalyptus nitens, 250.000 de Pinus radiata, 600.000 de Eucalyptus globulus, frente a 100.000 de varias especies autóctonas. Dicha Dirección General de Sostenibilidad de la Costa y del Mar solicita consulta a los órganos ambientales competentes sobre el posible carácter invasor de Eucalyptus nitens, especie que mayoritariamente se planifica cultivar en este vivero.”
Ou sexa, que o Comité Científico -por unanimidade- ditamina que sí é invasora mais o Ministerio non procede á súa inclusión no catálogo. Semella que no presente caso vai suceder o mesmo, a pesares das razóns de peso que o Comité pon enriba da mesa: 
 "6. Dictamen:
Se hace constar, por la evidencia científica disponible aquí presentada, la naturalización e invasión de seis especies del género Eucalyptus en España: E. camaldulensis, E. globulus, E. gomphocephala, E. gunnii, E. nitens y E. sideroxylon. De estas seis especies, dos de ellas se incluyen o se han incluido en planes de erradicación en nuestro país (E. camaldulensis y E. globulus). Estas dos especies se consideran transformadoras del medio, modificando el funcionamiento de los ecosistemas y alterando las características físico-químicas del suelo, desplazando flora y fauna autóctona, disminuyendo la biodiversidad, aumentando el riesgo de incendios y colonizando espacios abiertos tanto naturales como semi-naturales y antrópicos. Este conjunto de características biológicas, fisiológicas y ecológicas las comparten con cualquier otra especie del género cuyo motivo de introducción sea la explotación forestal (i.e., son especies de crecimiento rápido y buena adaptabilidad a diferentes ambientes y tipos de suelo), por lo que todas ellas presentan un alto riesgo de invasión en nuestro territorio, hecho ya consumado para E. camaldulensis y E. globulus. Según el criterio de la IUCN (2000) todas las especies de Eucalyptus naturalizadas en España presentan carácter invasor y capacidad transformadora del medio. Así lo demuestran los análisis de riesgo de invasión llevados a cabo, cuyos resultados han sido positivos. El análisis para E. gomphocephala no ha podido llevarse a cabo por falta de datos. Por lo tanto, se concluye incluir en el Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras, regulado por el R.D. 630/2013, de 2 de agosto, bajo el criterio de la IUCN (2000) a todas las especies de Eucalyptus naturalizadas en España por su carácter invasor y capacidad transformadora del medio, y se recomienda extremar la precaución con cualquier otra especie de este género cuyo destino sea la explotación forestal debido al alto riesgo de invasión. Siempre que se observe naturalización de cualquier especie de Eucalyptus en nuestro territorio se recomienda un seguimiento local y llevar a cabo medidas de erradicación antes de que se produzca la invasión. Del mismo modo, se recomienda una gestión profesionalizada de las explotaciones forestales de Eucalyptus sp. que garantice el control de la explotación evitando la naturalización e invasión fuera del territorio dedicado a tal fin y llevando a cabo tareas de erradicación en caso de producirse la naturalización. La recuperación de hábitats naturales es la mejor medida a medio y largo plazo para evitar la invasión de Eucalyptus sp. en el entorno."
E me pregunto: 
1) Cal é o procedemento vixente para a inclusión de especies no CEEI?
2) Que informes emprega o MAPAMA a maiores dos elaborados polo Comité Científico a estes efectos?
3) Cando, quen e a petición de que instancia se elaboraron os informes empregados para rexeitar a inclusión das especies de eucaliptus cualificadas de invasoras polo Comité Científico do MAPAMA no devandito catálogo?
Quedo, desde logo, coas ganas de darlles unha ollada a eses informes, case tantas como as de ver o TFM de Cristina Cifuentes.

domingo, 1 de abril de 2018

Revisión crítica do estudo da capacidade de acollida do MN As Catedrais.

O estudo da capacidade de acollida do Monumento Natural de As Catedrais, contido no Anexo III do Decreto polo que se amproba o seu Plan de Conservación, é a base que sustenta a limitación do acceso á praia en 4.812 persoas/día. O estudo, criticado xa polo xeógrafo Vidal Romaní en datas precedentes, contén un bo número de incongruencias que deben levar a desbotar a súa validez a eses efectos. Preténdese neste artigo analizalo co detemento preciso.
O estudo baséase na proposta de Cifuentes (1992) para espazos protexidos de Latinoamérica, modificada por Gómez-Limón García, J. y García Ventura, D. (2014) para adaptala ás singularidades de diferentes parques nacionais do territorio español. Trata de establecer un límite ó número de persoas que pode visitar un espazo sen prexudicar de xeito significativo o mesmo e mantendo unha experiencia turística de calidade.
O método diferencia a capacidade de acollida física (CAF) que ven a indicar a xente que colle no espazo da capacidade de acollida ecolóxica (CAE) que serve para limitar esa cantidade en función do impacto no ecosistema.
Capacidade de Acollida Física
A CAF calcúlase multiplicando as personas que collen na superficie do Monumento polas quendas que poden entrar nel nun día. Calcúlase a xente que colle medindo a superficie media do areal (estímase unha superficie media en marea baixa de 50.000 m2) e nas zonas visitables da zona superior (sendeiros internos do Monumento Natural (2.000 m2), restaurante (2.200 m2), aparcadoiro (1.750 m2) e merendeiro (1.700 m2). A superficie total visitable suma 57.600 m2.
Obsérvase que o estudo suma a superficie fóra da praia á do areal, cando a limitación de acceso está a aplicarse só para o areal.
Para definir o espazo que precisa cada persoa téñense en conta 3 posibilidades: un criterio de uso intensivo (5 m2/visitante), medio (10 m2/visitante) ou baixo (25 m2/visitante). Un espazo protexido de pequena dimensión e un enorme atractivo natural debera optarse polo estándar máis baixo (aínda que ter unha persoa a 5 metros de distancia todo o tempo tampouco semella ser un uso baixo).
O estudo opta, sen máis xustificación, por un criterio de uso medio. Obtemos dese xeito un dato de partida de 5.000 persoas na praia e 700 fóra dela, un total de 5.700 persoas simultáneamente no Monumento Natural.
A continuación o estudo calcula cantas quendas de visita collen no monumento, para o que divide as horas nas que a praia é visitable (estima 4 horas diarias) polo tempo necesario para visitala (estima 1,5 horas). Para a zona superior establécese unha dispoñibilidade de 12 horas e tamén 1,5 horas por visita a esta zona). O resultado son 2,66 quendas de visita á praia e 8 quendas de visita á zona superior.
Multiplicando a xente que colle simultáneamente polo número de quendas o autor obtén unha CAF de 19.420 visitantes diarios (13.300 na praia e 6.120 fóra dela).
De terse empregado o criterio de ocupación baixa, o resultado sería de 7.768 persoas, delas 5.320 na praia.
Capacidade de acollida ecolóxica (CAE)
A CAE tenta de determinar o número máximo de persoas por encima do cal comezan a aparecer impactos críticos e/o irreversibles ca dinámica natural dos ecosistemas non pode restaurar, tendo en conta aspectos como a resiliencia dos sistemas afectados ou limiar de cambio aceptable (LCA).
A calquera persoa mínimamente formada no eido ambiental non se lle escapará a complexidade da valoración apriorística da resposta dun ecosistema á acción humana: calquera modelo que pretenda facelo suporá unha enorme simplificación. Neste caso a capacidade de acollida ecolóxica estímase multiplicando a capacidade física antes calculada por coeficientes redutores en forma de porcentaxes -os factores de correción- que consideran, din as autoras, variables físicas, ambientais, biolóxicas e de manexo.
Os factores empregados para identificar aqueles impactos críticos que poidan supoñer restriccións totais ou parciais do uso público, así como plantexar medidas correctoras naqueles casos nos que os impactos sexan moderados e/ou reversibles, son os seguintes:
  • a) Factor de erosividade (FCero)
Estima a proporción da superficie do monumento natural que presenta riscos de erosión en función da pendente e do comportamento das visitantes. Considera que pendentes por baixo do 10% presentan risco 0, entre 10 e 20 risco 1 e superior a 20 risco 1,5, polo que multiplica eses valores pola proporción de superficie neses intervalos de pendente obtendo un coeficiente de 0,66. Este valor mutiplícase pola CAF reducindo o seu valor a un 66% do orixinal.
O cálculo do factor non está descrito nin xustificado axeitadamente no documento. Fálase de diferentes tipos de substrato que non son tidos en conta. Desbótase a erosión nas zonas de baixa pendente cando é precisamente nestas zonas sobre os cantís onde máis erosión aparece. Dáse o máximo valor ás fortes pendentes cando son rochosas e nelas non hai circulación de visitantes. En definitiva, substitúen a erosividade pola pendente do terreo.
  • b) Factor de marea (Fcmar) (só de aplicación na zona do areal)
A influencia da marea considérase como limitante do espazo na praia, considerándose no cálculo só as épocas de elevada demanda (Semana Santa e verán). Enténdese que hai 8 horas non aproveitables cada día das -segundo Meteogalicia- 14,03 horas de luz medias, obténdose unha proporción de tempo aproveitable do 0,43.
Lonxe de ser un factor ecolóxico, trátase dun axuste da superficie antes calculada para a marea baixa, reducindo a extensión media durante o horario de visitas a unha cifra inferior á metade do máximo.
  • c) Factor de precipitación (FCpre)
A precipitación considérase un factor nos casos en que a choiva é superior a 4mm diarios. A proporción de días sen eses niveis de precipitación na estación da escola Pedro Murias nos días de Semana Santa e verán, é de 0,87.
Non é tampouco un criterio ecolóxico senón un condicionante turístico.
  • d) Factor de superficie disponible (Fcsup) (só para a parte superior do Monumento)
Estímase para axustar a superficie efectiva á visitable, mediante un cociente entre a extensión das zonas de acceso público e a superficie total do Monumento fóra do areal. Ten un valor de 0,79.
Coeficiente redundante, dado que a superficie empregada nos cálculos excluía xa a zona non visitable.
  • e) Factor de vegetación (FCvex)
As autoras recoñecen a degradación actual da vexetación, pero entenden que unha vez implementado o Plan de Conservación os efectos non serán significativos sobre a vexetación protexida, e consideran que tampouco o serán sobre a que non o está. Non se calcula coeficiente reductor debido á vulnerabilidade da vexetación ó pisoteo, o que supón na práctica un coeficiente de 1 (ausencia de vulnerabilidade).
Sorprende que no mesmo apartado se comece admitindo un impacto actual importante e se remate coa insignificacia do mesmo. Enténdese polas autoras que grazas a unhas pasarelas que non existen non haberá pisoteo e tampouco impacto.
  • f) Factor de fauna (FCfau)
Análogamente ó caso da vexetación, enténdese que non é significativo o impacto sobre a fauna, polo que se aplica un coeficiente de 1.
Sorprende o desprezo das responsables do estudo pola análise da degradación da vexetación e da fauna nun espazo protexido tamén polos seus valores ecolóxicos e non só xeolóxicos, e sometido á maior presencia de visitantes de toda Galicia.
  • g) Factor de impactos derivados del comportamiento de las personas visitantes (FCvis)
Remata a lista de coeficientes empregados cun factor que valora a proporción de "días de non aplicación de limitacións pola escasa afluencia" (todo ano excepto Semana Santa máis 3 meses no verán) fronte ó total de días, obténdose unha proporción de 0,72.
Trátase dun coeficiente que propón unha redución da cantidade diaria de visitantes proporcional ós días sen limitación no ano. É dicir, que se a limitación de acceso fóse aplicada todos os días o coeficiente sería 0 e non podería pasar ninguén ó Monumento Natural.
Finalmente, a CAE estímase multiplicando ós valores iniciais de Capacidade de Acollida Física por estes coeficientes, excluíndo -de acordo co texto- para a zona do areal os de "erosión" e "superficie" e para a zona superior o "coeficiente de marea".
Dese xeito, para a zona do areal obtéñense, para o criterio de ocupación medio finalmente adoptado:
CAE areal = 13.300 visitantes/día x (0,43 x 0,87 x 0,72) = 13.300 x 0,21 = 2.792 visitantes/día
CAE zona superior = 6.120 visitantes/día x (0,66 x 0,43 x 0,87 x 0,72) = 6.120 x 0,33 = 2.020 visitantes/día
A suma desas cantidades é a que da o total de 4.812 persoas diarias que está a aplicarse na actualidade.
Conclusións
  • Sorprende saber que o modelo empregado pola Consellería establece un máximo de 2.792 visitantes diarias para a praia, admitíndose as restantes 2.020 visitantes no resto do espazo protexido. Porén, na actualidade a suma total está a empregarse como límite para o acceso ó areal, non estando implementada 3 anos despois limitación alguna ó respecto da zona superior.
  • Sorprende tamén que eses valores sexan produto dun erro, xa que a multiplicación dos tres coeficientes de aplicación á praia dá 0,27 e non 0,21. O 0,21 xorde de multiplicar ese 0,27 polo coeficiente de superficie 0,79, é dicir, débese a ter aplicado ó areal un coeficiente que o propio texto di que é de aplicación só na zona superior. De aplicarse o valor correcto de 0,27, a capacidade de carga resultante para a praia sería de 3.591 persoas diarias.
  • Finalmente, de aplicarse un criterio que priorice a conservación como é "de lei" nun espazo protexido habería que optar polo criterio de ocupación baixo, é dicir, polo CAF de 5.320 para a praia e 2.448 para o resto do Monumento Natural. Nese caso os valores obtidos para a Capacidade de Acollida Ecolóxica serían: CAE praia = 5.320 x 0,27 = 1436 visitantes/día, e CAE zona superior = 2448 x 0,33 = 800 visitantes/día*
  • En todo caso, a realidade é que os coeficientes de erosión, de superficie e de comportamento dos visitantes empregados, como pode deducirse deste somero análise, carecen de calquera rigor, servindo únicamente para reducir o valor físico inicialmente calculado a unha cifra que se considerou aceptable. Deben ser substituídos por unha análise rigorosa da capacidade de acollida e resiliencia dos ecosistemas presentes no Monumento Natural.

* De aquí xorde probablemente a cifra que propón Vidal Romaní para o acceso ós cantís.

NOTA FINAL: En definitiva, estes números non teñen en conta consideración ecolóxica algunha e non se poden considerar máis ca un axuste arbitrario dunha CAF arbitraria, e en nengún caso unha avaliación da Capacidade de Acollida Ecolóxica, xa que a ese respecto nin se analiza a degradación dos ecosistemas, nin a resiliencia das formacións, nin se aplicaron estudos sobre impactos do recreo na vexetación ou na fauna realizados noutras contornas similares a este espazo.